xoves, 31 de xaneiro de 2019

A Castrelo de Abaixo

Esta é a historia dun pobo esquecido
e dunha xente afouta,
nunha paraxe de extrema fermosura
onde a Natureza é Deusa e Mai,
zona senlleira afastada de calquera vía de progreso,
súa xente loita por resistir as agresións dunha sociedade
idiotizada pola economía e polo poder,
patria utópica nunha Galiza enxebre e cultural,
refuxio da última esperanza, do derradeiro alento,
da existencia.