Amosando publicacións coa etiqueta A Faquiña. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta A Faquiña. Amosar todas as publicacións

xoves, 30 de setembro de 2021

Pleito de Soutovermudo contra a Condesa de Monterrei

A continuar vaise por un documento histórico, de importancia para Castrelo de Abaixo, recollido e transcribido literalmente pola historiadora, investigadora e arqueóloga Nieves Amado Rolán de Laza:

1507, 1516, 1536, 1542 contido nun pleito do S. XVIII de Soutovermudo contra a Condesa de Monterrei (Duquesa de Alba)

Foro de Castrelo de Abaixo e Castrillón

El Lugar de Castrelos de Abaxo ha pagado 52 fanegas de pan. En comprobacion de ello se presentó a nombre de la Condesa  una escritura comprehendida en la compulsa del Receptor Villanueva otorgada en 30 de  Noviembre  de 1507, ante Gabriel García, Notario, por la qual Francisco Gomez, Contador y Apoderado del  Conde Don Fernando, hizo relacion, que los vecinos y moradores de Castrelos de Fondo tenian un fuero del  dicho Lugar, por el que pagaban en cada un año, por razon de el termino y heredades  de el, 24 hanegas de pan, y por razon de Señorío otros derechos que expresa, el qual decian los vecinos de dicho Lugar haberle perdido, y que  nuevamente querian aforar el dicho Lugar de Castrelos con la Faquiña, y pagar al Conde  40 fanegas de  pan medidas por medida derecha; y viendo dicho Contador que esto era en servicio del Conde, y provecho de dichos vecinos, les aforó a ellos, sus  mugeres, hijos y  succesores  a cuatro voces despues del fallecimiento de cada uno de mancomun, e insolidum el dicho Lugar de Castrelos, y Faquiña en la forma referida, pagando en cada un año las dichas 40 fanegas de centeno medidas por la medida derecha de la tierra, con condicion que lo morasen, poblasen, y reparasen; en cuya conformidad lo aceptaron dichos vecinos: cuyo fuero  fue visto y confirmado por el Licenciado Alonso Bazquez, Alcalde mayor, Alonso Pisador, Contador, y Alonso Villarino, Visitadores de los fueros, en 22 de Septiembre de 1536.

Otra escritura comprehendida en dicha compulsa, otorgada en 12 de Marzo de 1516 ante Fernando da Moymenta, de la qual resulta: que Juan da Moymenta Escudero, Criado de los Condes de Monterrey, en virtud de poder que para ello tenia de Ruy Colmelo, Contador de dichos Condes, refiriendo que el Lugar de Castrillón estaba yermo, no embargante que lo traian los vecinos de Castrelo de Abaxo y los da Veiga Darçoa ocupado, diciendo que lo tenian con sus fueros, viendo dicho Juan da Moymenta que era otra Aldea, y que no tenian los citados vecinos fuero de ella, la sacó al pregon, y se había hecho postura, que luego se había pujado hasta 12 fanegas de pan, y otras cosas: Que los dichos vecinos de Castrelos le habían pedido por amor de Dios que tomase algun buen concierto con ellos, por no poderse mantener sin el dicho Lugar de Castrillon, donde tenian las mas de sus heredades y cortiñas: y porque no se despoblase el dicho Lugar de Castrelos se concertó con ellos en que diesen y pagasen para siempre las dichas doce fanegas de pan de renta en cada un año limpio, seco y medido por medida derecha de la tierra; y por ello les aforó para siempre jamas el dicho Lugar de Castrillón y su termino, segun estaba demarcado segun los límites que se explican: y esta escritura se halla confirmada por los dichos Visitadores de los fueros, en 22 de Septiembre de 1536.

Los Concejos alegaron, que aunque el Lugar de Castrelos de Abaxo pagaba 52 fanegas, la verdad era que solo debia 32; esto es, 12 por el Lugar de Castrillon, y 20 por el de Castrelos, la Faquiña, y otros sitios y quebradas; pues aunque no había la menor duda en quanto al foro de Castrillon, no era lo mismo en quanto  a los demas bienes aforados, que habían tenido diversos  estados, segun los tiempos y circunstancias,  quedando últimamente reducidos a solas 20 fanegas.

 

QUADERNOS: Del quaderno primero y año de 1542 resulta, que dicho Lugar pagaba 52 fanegas de pan: del 2, 3, 4, 5 Y 6 resultaba lo mismo, y en algunos que tambien pagaban sus vecinos 200 maravedís y 2 gallinas por los fueros de dicha Aldea, y heredades de ella. Del quaderno 7 resulta lo mismo por la medida vieja, y llevarlas a la tulla del Conde a su costa por el Agosto y Septiembre, y las pagaban por razon del dicho Lugar, que era propio del Conde, y lo traia en foro=y lo mismo se lee en todas las demas piezas o quadernos, en quanto a la paga de las 52 fanegas, y en muchas el que estaban obligados de mancomún.

 

TOMBO: En la informacion recibida para el apeo antiguo tantas veces citado, depusieron quatro testigos, vecinos de dicho Lugar de Castrelos de abaxo, dos de 40 años cada uno, y los otros dos de 50, quienes contextemente declararon, que dicho Conde y sus antecesores habían sido, y eran Señores propietarios e insolidum del citado Lugar, de sus salidos, heredades, montes, y terminos, y de la jurisdiccion civil y criminal, a quienes lo habían aforado los causantes de estos testigos, pagando por razon de todo ello en cada un año 52 hanegas de pan por la medida vieja; y ademas de dicho pan tambien pagaban los testigos, y todos los demas vecinos 17 reales en dinero por razon de otro fuero que tenian del Conde del termino llamado do Castrillon; y asimismo cada vecino paga por razon de Señorío 200 maravedís y dos gallinas, concluyeron con la immemorial, presentaron, y se insertó en el Tumbo una escritura de fuero igual a la primera, que se refiere al número 319.

 

1593 Castrelos de Abaixo contra Gaspar de Zúñiga, Conde de Monterrei

Castrelos de baixo

Castrelos de avaxo





É de agradecerse en extremo a formidable laboura que leva feito, e esta a realizar, esta investigadora tamagana por toda a bisbarra de Monterrei, e máis, dun valor incalculable para o coñecemento da rexión, agárdase que se saiba aprezar o sumo interese que representan estas investigacións para o mellor coñecemento e desenvolvemento da rexión, o tempo llo agradecerá, mais nós xa o facemos.

E agora recóllense as verbas, en referenza ao contido deste documento histórico e ao pobo, os veciños actuais, de Castrelo de Abaixo, tal como nos relata a mesma autora nestas súas emotivas palabras:

"...supoño que é a vida e nomes dos devanceiros de hai quiñentos anos, son moi emotivos para os veciños. É a paisaxe que seguen vendo e as mesmas terras que seguen pisando e traballando..."

Moitísimas grazas por todo, Nieves, os veciños de Castrelo de Abaixo, e non só, han gostar inmenso disto, creando dignidade e respecto, polo seu e polo teu traballo.

Saúdos, non hai maneira de cho agradecer.

luns, 30 de agosto de 2021

O Entruido en Castrelo de Abaixo

A celebración do Entruido en Castrelo de Abaixo ocorría dende o Xoves de Compadres ata o Martes de Entruido. Contaban que daquelas a súa poboación era relativamente abondosa, que había moita 'mocidá', dicíanque aínda máis que en Castrelo de Cima, a pesar de estar alí a casa reitoral, o posto da Guarda Civil, ser unha meirande parroquia e haber pretendido constituírse coma concello polas primeiras décadas do século XIX. Había certa rivalidade con algunha poboación veciña, sobre todo nas festas, por exemplo cos de Berrande, aos que os mozos e mozas de Castrelos lles chamaban de forma burleira "Os da chaqueta rachada". Nas festas había boa relación en xeral coas aldeas da veciñanza, A Arzoá, A Silva, O Mourisco, Castrelo de Cima, A Veiga do Seixo, Sampaio, Santa Comba de Baroncelle, Moialde e as veciñas portuguesas da Cisterna, Vilarinho de Lomba, Quiraz, Edroso e Pazos de Lomba. O Entrúido era unha festividade máis íntima de cada aldea onde en todas sempre se facía algo.

Nestas celebracións do Entruido había unha loita de sexos na que os homes botábanlle cinsa ás mulleres e viceversa (non se botaba fariña nin farelos xa que non había suficiente e reservábase para o consumo propio ou da facenda) e enzoufábanse as caras entre eles con borrallo do forno, das lareiras e dos potes (non confundir co borrallo dos camiños, chamado así nesta zona á poeira). Isto acontecía durante todas estas datas con maior incidencia nos días máis sinalados: no Xoves de Compadres, no Xoves de Comadres, no Domingo Gordo e no Martes de Entruido.

No Xoves de Compadres as rapazas e mozas facían un boneco ao que chamaban O Compadre, o ritual consistía en querer queimalo e os rapaces e mozos tiñan que tratar de impedilo.

No Xoves de Comadres eran os rapaces e os mozos os que facían a boneca, A Comadre, e as rapazas e mozas tiñan que tratar de que eles non a queimaran.

Entre todos facíase un meco ao que chamaban O Entruido, normalmente con roupas vellas recheado con pallas e unha carauta. Durante os días grandes dos festexos: No Domingo Gordo e no Martes de Entruido maiormente, subíano ao alto dun carro e paseábano por toda a aldea e os veciños ofrecíanlles viandas e viño. Tamén se desprazaban a outras localidades da veciñanza co carro e co Entrúido, ían ata O Mourisco, Castrelo de Cima, Santa Comba de Baroncelle e Moialde, non ían á Arzoá, nin a Sampaio, nin á Veiga do Seixo, si que pasaban pola Silva pero de camiño a Santa Comba e Moialde, non pedían viandas, só era unha forma de reafirmárense como mocidade ante outras comunidades veciñas. Ao carro apretábanselle as treitoiras para que cantase máis, era tirado polos Vellarrós (máscaras disfrazadas de vellos) e no alto ían subidas as Madamas (mozas vestidas con roupas bonitas), acompañábaos tamén xente disfrazada coas Mascaritas ou mesmo sen disfraz.

Personaxes do Entruido:

Os Vellarrós (Vellarrón en singular): Parodiaban aos homes vellos, ían adobiados con máscaras feitas de pelica, tea ou cartón duro, e disfrazados con roupas vellas de home improvisadas, tamén adoitaban por un coxín nas costas a modo de xiba e levaban un caxato para camiñaren dobregados. Unha das súas misións era acompañar ao carro do Entrúido, tamén ían polas casas pedindo viandas e os veciños dábanllas sen coñecerse nunca a súa identidade.

As Vellarronas: Similar aos Vellarrós só que desta volta parodiando ás mulleres vellas e disfrazadas delas, era frecuente que os homes se vestiran tamén de Vellaronas.

As Madamas: Rapazas e mozas que se vestían con roupas elegantes, adoitaban botar unha colcha por riba dos ombreiros, se callar a mellor que se tiña na casa, tamén se pintaban os beizos e a cara con coloretes nas meixelas, non levaban alfaias ao non se teren nas casas humildes.

As Mascaritas: Eran disfraces que consistían en porse roupas improvisadas e carautas de pelica, tea ou cartón duro, diferenciábanse dos Vellarrós e Vellarronas porque estas non cumprían a función de parodiar aos vellos, non actuaban, o que si era é que ían percorrendo os Fiadeiros que xurdían polas noites nas lareiras ou no forno calquer día dos festexos.

Os Cigarrós (Cigarrón en singular): distinto aos de Verín máis co nome seguramente que da súa influenza, tamén se ouvíu chamarlle así a uns personaxes con chocallos, carauta e zamarra, máis rudimentarias e menos elaboradas que as verinesas, no entanto non se sabe certo desta máscara.

Vellarrois (Vellarrón en singular, non confundir cos outros Vellarrós propios): de Castrelo de Cima e da Veiga do Seixo. Eran uns personaxes que viñan de visita dende estas dúas localidades veciñas, tiñan un traxe moi elaborado e vistoso, cunha camisola de felpa enfeitadas con fitas ou papeis de cores, cun deseño en triángulo invertido, igual que os calzóns tamén de felpa e enfeitados con fitas, nas pernas levaban unhas polainas de couro negro, nas maus unhas luvas brancas, unha faixa branca á cintura e un pano tamén branco ao pescozo, unha máscara de home feita de cartón duro con cellas pintadas e barba ou bigoteira de lá de ovella negra, cun branco dentame, con nariz e orellas moi grandes, enriba da cabeza levaba unha especie de pucho feito con vímbios aos que lle colaban papeis de cores cunha masa feita de farelos, levaban un cinto con esquilas que facían soar aos choutos e movementos da cintura, espantaban así aos rapaces, tamén portaban un 'farrampo' a modo de tralla ou zamarra, que se asemellaba a un mallo, feito cun mango de pau e unha tira de coiro, ás veces forrada de tea de saco de esparto, no entanto eran unhas máscaras fustigadoras á vez que petitorias, ás veces pedían viandas, ás veces eran acompañados por unha Madama e un Farranpón (persoa disfrazada que se ocupaba de recoller as viandas nun cesto), dicíanlle así ao seu paso "Vello, vello, Vellarrón, mete os cartos no bolsón !" (personaxe moi ben recollido e documentado nas obras de Xerardo Dasairas de Verín "O Entroido en Terras de Monterrei", e José Rodríguez Cruz da Gudiña "Mitos, crenzas e costumes da raia seca. A máxica fronteira galego-portuguesa". Esta máscara é a día de hoxe o emblema do entroido do concello do Riós. En Castrelo de Cima tratan de recuperala con todo o seu ritual orixinal). http://monterreicultura.blogspot.com/2015/01/os-vellarrois-veiga-do-seixo-e-castrelo.html https://www.osil.info/nos-dominios-do-vellaron/

No Domingo Gordo íase á misa de mañá. Un apuntamento, estas máscaras e personaxes sempre respectaban o eido sagrado.

No Martes de Entrúido só se adoitaba traballar pola mañá, pola tarde tíñase música e baile, un gaiteiro, normalmente O Gaiteiro de Castrelo d'Arriba, unha caixa, acho que viña un veciño de Barxa, e un bombo, O Bombeiro de Santacomba, rematábase a festa co bouramento a paus e queima do Entrúido pola noite na praza onda Ó Forno, eixo central de todos os festexos e rituais profanos.

Como é de lóxica, todos estes actos eran festexados pola tardiña ao remate das tarefas do campo e ao acomodárese a facenda, a non ser o Domingo Gordo que xa era o día propio de descanso, se non había traballos pendentes, máis o Martes de Entrúido pola tarde, e, o dito, o lugar de reunión sempre era ó redor do forno comunal (tamén cando se chamaba a concello e cando se reunían no Fiadeiro que as máis das veces se facía aquí no interior do forno e outras nas lareiras).

Non se sabe se na época da guerra civil española se celebrou o Entruido (indagarease no tocante). Durante a ditadura franquista non estaba permitido pero seguíuse facendo ás agochadas das autoridades.

Na actualidade seica algúns mozos e mozas de Castrelos aínda fixeron o meco do Entruido, iso si, con menos elaboración, e queimárono no Martes de Entruido.

Estas máscaras e costumes seica non son exclusivas de Castrelo de Abaixo, hóuboias ou hainas con variantes en moitas aldeas da contorna e aínda máis lonxe, de certo que cunha orixe común.

Unha tradición a recuperar na súa totalidade.