Amosando publicacións coa etiqueta Toponimia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Toponimia. Amosar todas as publicacións

luns, 25 de outubro de 2021

No interior de Castrelos


https://youtu.be/tch9Kp6bRrY

Vanse por estas palabras para dicir que sobran as palabras. Deixádevos só levar polas imaxes, a narración e a música ata o fin. Que gostedes!

xoves, 23 de setembro de 2021

Posible significado do nome Castrelo de Abaixo

Antes de dar un significado interpretado ao nome de Castrelo de Abaixo vaise falar da designación oficial para a localidade:

O único nome oficial e correcto é Castrelo de Abaixo, tanto en Galicia coma en España coma en Portugal coma no Brasil. As localidades de escasa relevancia non admitirían exónimos, traducións.

O nome de Castrelo de Abajo é un erro, non existe tal, é unha tradución forzada, non literal e de mala calidade ao español, sen base histórica algunha, o que se coñece como unha castelanización, que tamén é unha incultez, unha ridiculez, unha inxustiza e unha falta de respecto.

Esta castelanización leva efectuándose dende o século XIX, aproximadamente, pasando pola época da ditadura, onde tivo moita intensidade, e continúa na actualidade con esa inercia herdada de épocas pasadas. Un grave erro histórico, reflexo da situación de inxustiza social de cada momento.

Hoxe a pronuncia certa da xente ao nome da localidade é Castrelo d'Abaixo, con ese 'dabaixo' todo xunto, próxima á que poida que fora a súa forma máis correcta, Castrelo de Baixo.

No entanto, os veciños refírense a Castrelo de Abaixo simplemente como Castrelos, só entre eles, de maneira familiar, e con sentimento afectivo.


É unha valoración, se alguén non concordar co escrito, na totalidade ou en parte, ou ten outra valoración admítese tamén a discusión, e sería de grande interese mesmo. Agradécese.


Agora vaise pór unha hipótese, fundamentada mais interpretada, do posible significado do topónimo Castrelo de Abaixo:

O nome 'Castrelo' viría dun castro pequeno, un castrelo, do latín castrum, castrellum. Os romanos copiaron este nome 'castrum' nativo da provincia romana da Gallaecia (nome dado por estes ao territorio habitado polos gallaeci, kallaeki, kallaekos, gallaecos, galegos, eran os galaicos proto-galegos e proto-portugueses, unha tribo castrexa que habitaba entre o río Douro e o río Miño, os supostos kallaikoi como eran coñecidos polos gregos, que viría da palabra kéltis, 'ocultos' en grego, e de keltis viría a derivarse en celtas, outros non lle dan esta orixe, hai contriversias, pode que só fose a tribo indíxena dos Kallaikoi e nada de celtas, o máis seguro, os celtas foron por un lado mitificados polo romanticismo galeguista e por outro lado creou e crea controversia dentro da comunidade académica, nin tanto nin tan pouco acho. Esta Gallaecia do noroeste peninsular estaba en Hispania, chamada así polos romanos e herdado o nome dos fenicios,  que lle chamaran I-spsn-ia, que significaría "A Illa onde abondan os Coellos", entendida esta Hispania romana, non como entidade política, senón que coma un territorio xeográfico, un topónimo, sería o equivalente ao que chamamos hoxe como península Ibérica), ese nome de castrum designaba a unha fortificación prerromana castrexa que semellaba un castelo rodeado dunha muralla circular na cima dun outeiro.

A tribo que habitaba na zona de Castrelo de Abaixo pénsase que eran os tamagani, os tamaganos (nome herdado da raíz indoeuropea tam-, co significado de adoradores dunha posible divinidade de culto ás augas ou aos ríos), con topónimos preto coma O Tameirón, ou aventurándose moito Tomus Homonti, Tomonte, tamén outros certos da bisbarra de Monterrei coma o propio río Támega, Tamaguelos, Tamagos, Tamicelas e a Fonte da Támega.

Logo para diferenciárense ambos Castrelo, que nun principio sábese que eran chamados aos dous indistintamente como Castrello, Castrellum alio Castrellum, engadiríaselles o adverbio de lugar precedido dunha preposición que indicaría dirección a, "de Abaixo", polo tanto faría referencia a afastamento, o castrelo de máis alá, diferenciándose así do "de Cima", que indicaría máis achegamento, o castrelo de máis acá.

Polo tanto o significado de "Castrelo de Abaixo" sería "pequeno castro de máis alá" ou, máis completo:

"Pequena fortificación castrexa da tribo dos tamaganos que semella un castelo rodeado dunha muralla circular na cima dun outeiro e que a súa situación é máis afastada".


É só unha interpretación, se alguén ten outra hipótese admítese tamén, e sería de inmenso interese publicalas. Grazas.

Saúdos.

martes, 21 de setembro de 2021

O topónimo Castrelo de Abaixo en documentos antigos

A continuar vanse por unhas referencias antigas do lugar de Castrelo de Abaixo, atopadas en documentación da época pola egrexia arqueóloga, investigadora e apaixonada da bisbarra Nieves Amado Rolán, veciña de Laza, un traballo de calidade, moi laborioso e de suma importancia histórica, onde ten recollido a toponimia e alusións máis antigas das aldeas e vilas da comarca de Monterrei.

Isto é o que recolleu no tocante a Castrelo de Abaixo:


1029 - Castrello, alio Castrello (saen os dous Castrelo)

1183 - Castrellos de Yuso (Yuso=Abaixo)

1325 - de Castrelos, de Mourisco e doutro Castrelos e da Veyga

1476 - Santa Maria de Castrelo de Fondo

1507 - Lugar de Castrelos de Abaxo (Foro que lle fixeron os condes de Monterrei a Castrelo de Abaixo)

1587 - Sta. María de Castrelos de bajo (este -j- pronunciaríase como o actual -x- en galego)

1845 - Castrelos de Abajo (Sta. María) (Diccionario geográfico-estádístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar, Diccionario Madoz, Pascual Madoz Ibáñez, este home foi un político e ilustre persoeiro da época pero en toponimia usaba os nomes castelanizándoos, tede en conta que xa estamos no século XIX, a castelanización xa era case unha norma)


Moitísimas grazas á súa autora pola interesante información proporcionada de maneira altruísta para mellor coñecemento do percorrido histórico dun pobo.

Saúdos.

luns, 13 de setembro de 2021

Toponimia de Castrelo de Abaixo

A continuar vanse relatar todos os nomes de lugares, topónimos, que se teñen recollido ata momento en Castrelo de Abaixo, haberá moitos máis, microtopónimos, aínda por se recoller. A información foi facilitada por Vicente Feijoo Ares, do Riós, recompilada e disponible na rede a través da páxina web da plataforma Galicia Nomeada.

Comezamos o relato entrando polo sur, por Trambolosríos, e imos subindo cara Castrelos de esquerda e dereita a de dereita a esquerda dos lombeiros en ziguezague, pola esquerda chegarase ata o Río Arzoá, A Cavanca dos Mouros, O Castrillón, Camiño do Regueiro e A Cabeza, e pola dereira ata o Río da Veiga e Portugal, pasando logo polo medio da poboación, e continuar a norte cara á Faquiña para virar logo a oeste polo límite co Mourisco e pasando pola Chaira da Trapa, e volver a baixar cara o sur pola parte oeste de Castrelos, pola parte da Silva e Valcovo, limitando xa logo coa Arzoá e rematando na zona inmediata do Castrillón.

Estes son os topónimos recompilados:


Trambolosríos

Pozo do Demo

A Louseira Vella

O Rouso da Louseira Vella

As Lascas

Muíño do Campelo

Preseira do Muíño do Campelo

A Sonlleira da Carolina

O Salto

A Louseira Nova

A Sonlleira

Os Porteleiros

O Pozo dos Porteleiros

A Fraga da Vela

O Uzal Novo

Camiño do Uzal Novo

O Campo das Covas

O Cavanco das Covas

A Viña dos Romeros

A Casa da Viña dos Romeros

Camiño da Viña dos Romeros

A Lameira dos Romeros

A Fraga do Curral

A Viña do Ferreiro

A Umbría

Camiño da Umbría

A Pedra Longa

Fragueiro da Pedra Longa

Camiño da Pedra Longa

A Pala da Osa

Camiño de Trambolosríos

A Touza da Valiña

O Regato do Enrique

O Xestal do Chamusquera

A Aira das Pedras

Camiño da Aira das Pedras

Preseira do Ferreiro

A Ribeira

As Touzas da Ribeira

Regueiro da Ribeira

O Silvaral

Camiño da Ribeira

Fontela do Silvaral

O Cavanco da Ribeira

As Queimadas

O Cucote das Barreiriñas

Os Amarroadeiros

Fontela dos Amarroadeiros

O Lombo da Igrexiña

O Arroxal

O Cavanco do Colmear

O Refervedoiro

Pozo do Refervedoiro

A Arganiza

O Prado do Pisón

Río Arzoá

A Touza dos Portelas

A Viña dos Portelas

A Lameira dos Portelas

Fontela dos Portelas

As Zarripas

Camiño da Arganiza

As Morgadas

Os Formigueiros

O Picote dos Formigueiros

Camiño de Formigueiros

A Cañada dos Formigueiros

O Lombo dos Formigueiros

Camiño do Porto

O Prado do Porto

As Touzas do Porto

O Porto

A Preseira do Porto

O Guiocho

Camiño do Guiocho

O Lombo dos Formigueiros

O Cotarón

A Chaira da Brea

Camiño da Brea

Mina de Portantigo

Portantigo

Os Prados de Portantigo

Camiño de Portantigo

Camiño das Colmeas

As Colmeas

Pozo das Colmeas

As Toleiras

Camiño das Toleiras

O Toutelo

A Fraga das Gándaras

O Xardón do Clemente

O Prado do Clemente

As Gándaras

Preseira do Pitarella

O Prado da Malladiña

A Malladiña

A Ladeira da Malladiña

As Hedras

O Enxame

A Entrada das Touzas

Os Avesedos

Río da Veiga

A Leira das Ferreiras

As Lameiras

Fontela de Castreleiros

A Chaira de Castreleiros

Camiño de Castreleiros

O Lombeiro de Castreleiros

Os Barrocos

A Estreitura

O Carballo

Camiño das Hedras

A Fragueira do Castelo

O Castelo

A Cavanca dos Mouros

O Castrillón

O Afreixo

Fonte do Afreixo

A Canteira

Valdepereiro

O Val do Crego

A Aguieira

As Encrocilladas

Valdedomínguez

Rodeira dos Bruxancos

Os Bruxancos

O Lombo dos Bruxancos

Pontón da América de Quiraz

O Fragueiro do Pozo do Lobo

Rodeira do Pozo do Lobo

O Pozo do Lobo

O Pozo do Eliseo

Valdequiraz

Pozo da Tía Comadre

Camiño de Valdequiraz

A Fraga do Corgo - A Fraga do Corvo

O Corgo - O Corvo

Camiño do Corgo - Camiño do Corvo

A Chaira do Lombo

Os Tocos

O Cavanco do Cernado

O Cernado

O Cavanco do Cernado

Camiño do Cernado

Regueiro da Fonte

A Ladeira do Regueiro

O Rigueiro

Camiño do Regueiro

As Rabazas

Detrás da Cabeza

Camiño do Castrillón

A Cabeza

O Souto da Cabeza

A Cigoña

As Pías

Os Pradiños

A Mallada

Camiño da Mallada

O Val dos do Calleteiro

O Recosto de Alá

O Recosto de Acá

A Ladeira das Fontelas

A Fraga das Fontelas

As Fontelas

Fonte das Fontelas

Camiño das Fontelas

A Regada da Nogueira

Regueiro da Regada da Nogueira

Camiño do Liñarciño

O Liñarciño

Os Callostros

A Ladeira da Pingarela

A Pingarela

O Lombo do Souto

A Cañada do Lombo do Souto

Camiño do Lombo do Souto

O Redondelo

Fontela do Redondelo

Os Bagoeiros

A Ladeira do Cachón

A Fraga de Ferro

Alto da Chaira

Campo de Fútbol do Alto da Chaira

O Souto

O Ladeirón

A Callella

A Souteliña

As Viñas da Fonte

A Fonte

Camiño da Faceira

A Faceira

O Val da Hedreira

A Cancela

A Costa da Cancela

A Fonte da Aldea (A Fonte Vella)

Camiño da Fonte

Valdasnogueiras

Fonte de Valdasnogueiras

Camiño de Valdenogueiras

Os Pozos do Barro

A Chaira dos Pozos

A Cortiña das Figueiras

A Pasaxe

As Cortiñas da Costa

Os Nabales das Cotarelas

A Fonte Nova

As Cortiñas das Moureiras

O Barrio das Figueiras

Mina do Maestro

Igrexa de Santa María

As Cortiñas da Forxa

O Morete

O Barrio da Forxa

O Barrio do Calleteiro

As Cortiñas do Calleteiro

As Airas do Calleteiro

O Pinar

O Forno

Praza Diante do Forno

Praza Tras do Forno

O Barrio do Campo

Os Lagartos

Tras das Adegas

Camiño do Cabeceiro

O Lombo do Cabeceiro

A Canteira do Cabeceiro

As Hortas da Portela

O Pombal

O Barrio da Portela

O Barrio da Hedreira

O Barrio da Touza

As Cortiñas da Hedreira

O Lombo da Aira Vella

A Aira Vella

As Barracas

Camiño do Pardo

O Pardo

As Cortiñas de Barreiros

A Ribeira da Faquiña

O Regueiro da Faquiña

A Faquiña

Camiño da Faquiña

Os Prado da Insuíña

Muíño de Ladeirós

Camiño dos Prados da Insuíña

O Lombeiro da Insuíña

O Lombo do Porto do Espiño

A Viña do Carrera

A Chaira do Carril

O Lombeiro do Pinar

A Bouza

A Gorbia

Camiño da Gorbia

Camiño do Porto do Espiño

O Rouso do Carril

O Carril

A Chaira do Carril

Camiño do Lombo do Espiño

O Val da Vella

O Barreu

Val de Quiobros

A Chaira da Trapa

O Atallo da Portuguesa

O Cavanco da Silva

Camiño da Carba

A Carba

Regueiro de Barreiros

O Cavanco de Barreiros

O Lombeiro da Silva

Camiño de Castrelo de Abaixo (ou da Silva)

Valongo

Camiño de Valcovo

A Estouzada

Molina

Camiño do Muíño

O Lombo de Valcovo

O Cavanco de Valcovo

A Fraga Grande

O Lombo do Muíño

A Ladeira de Valcovo

A Regada da Bárbora

As Viñas do Lombo

As Leiras de Valdecorzas

As Viñas de Valdecorzas

Valdecorzas Arriba

Fontelas de Valdecorzas

Camiño de Valdecorzas

Muíño de Castrelo de Abaixo

Preseira da Presa

O Prado Novo

Río da Silva

Valcovo

A Chaira de Valcovo

Camiño de Valcovo

O Lomberio da Poula

O Regato do Caganinos

As Touzas do Muíño

A Pala

A Tapada

Camiño da Arzoá

Regueiro de Valdecorzas

A Ladeira de Valdecorzas

Camiño do Lombo de Berrande

O Lombo de Berrande

Camiño de Fonte Begosa

Fonte Begosa Arriba

As Viñas dos Papeleiros

Regueiro de Fonte Begosa

Camiño do Val de Crenchas

O Val de Crenchas


Algún topónimo non estaba inserido na base de datos, ou non era do todo correcto o nome, estas revisións serven para aclarar esa información obtida. Se observades algún erro ou imprecisión só é comentalo, agradécese.

Faltarán algúns sitios e moitos microtopónimos, nomes de lugares máis pequenos, de viñas en concreto, de leiras, de zonas do río, de fontelas, de construcións singulares, de camiños, de carrouchos ou mesmo de cachos que están dentro dos nomes máis coñecidos. Se sabedes dalgúns, e queredes, podedes aportalos.

Grazas, un saúdo.