A continuar vanse por unhas referencias antigas do lugar de Castrelo de Abaixo, atopadas en documentación da época pola egrexia arqueóloga, investigadora e apaixonada da bisbarra Nieves Amado Rolán, veciña de Laza, un traballo de calidade, moi laborioso e de suma importancia histórica, onde ten recollido a toponimia e alusións máis antigas das aldeas e vilas da comarca de Monterrei.
Isto é o que recolleu no tocante a Castrelo de Abaixo:
1029 - Castrello, alio Castrello (saen os dous Castrelo)
1183 - Castrellos de Yuso (Yuso=Abaixo)
1325 - de Castrelos, de Mourisco e doutro Castrelos e da Veyga
1476 - Santa Maria de Castrelo de Fondo
1507 - Lugar de Castrelos de Abaxo (Foro que lle fixeron os condes de Monterrei a Castrelo de Abaixo)
1587 - Sta. María de Castrelos de bajo (este -j- pronunciaríase como o actual -x- en galego)
1845 - Castrelos de Abajo (Sta. María) (Diccionario geográfico-estádístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar, Diccionario Madoz, Pascual Madoz Ibáñez, este home foi un político e ilustre persoeiro da época pero en toponimia usaba os nomes castelanizándoos, tede en conta que xa estamos no século XIX, a castelanización xa era case unha norma)
Moitísimas grazas á súa autora pola interesante información proporcionada de maneira altruísta para mellor coñecemento do percorrido histórico dun pobo.
Saúdos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario