"Nalgunha parte do río Mente, entre o treito que transcorre dende A Veiga do Seixo ata o lugar de Trambolosríos, onde se xuntan o río Mente co río Arzoá, contan, díse que a finais de agosto de 1936, xa comezada a Guerra Civil, os contrabandistas máis importantes de Verín, e da comarca, pasaron, cruzaron o río varios cadros en embalaxes, cadros do Museo do Prado, con dirección á cidade portuguesa de Lisboa, cadros do Greco, Velázquez e outros importantes pintores.
Os cadros pertencían a unha gran colección de corenta e tres obras de arte que habían sido trasladadas do Museo do Prado de Madrid a Oviedo e a Gijón, case dúas terceiras partes das sesenta e seis obras máis importantes da época, do Museo do Prado.
As obras de arte que logo se dixo que foran destruídas e queimadas polo movemento revolucionario obreiro de Asturias, foi unha grande mentira, foron roubadas e 'estraperladas' por xente importante do bando republicano, e algúns cadros cruzaron unha noite de agosto o río Mente, onde no primeiro pobo portugués de Quiras de Lomba, un camión estaba agardando a mercancía, logo foron trasladadas á cidade de Lisboa, e din que remataron na embaixada norteamericana, onde ata a data de hoxe non volveron a parar ao noso país, seguro están a bo resgardo.
A historia dos corenta e tres cadros trasladados do Museo do Prado a Oviedo e Gijón está nas emerotecas e libros de historia, o meu avó José Barazal Fernández, de alcume O Sancristán, que morreu en 1985, contoume a historia e foi el un dos portadores, dos que pasaron as embalaxes, ata o río Mente, entre outros contrabandistas máis importantes que meu avó da vila de Verín, os cadros baixaron ata o río en cabalos, e pola parte portuguesa subiron o monte ata o pobo de Quiraz tamén en cabalarías, meu avó dicía que os contrabandistas de Verín pagáranlle moi ben o traballo aquela noite do 36, pero que en todo momento unha persoa importante de Verín os acompañou ata o río, e lles dixo que trataran a mercancía con moita delicadeza e coidado polo seu enorme valor, esta historia xa ma contou o meu avó que foi un pequeno contrabandista da época, cando eu todavía tiña 14 ou 15 anos."
Tradución ao galego desta interesante historia narrada a través do Facebook por Joaquín Prado Barazal, Quin.
Moitas grazas pola aportación.
1 comentario:
Moncho, que boa resenha do tema éste. Haiche cousas pra contar pola raia que mete medo...
Coma ése de Arzádegos que crióuse cun mono dende cativo e iba polos regatos xuntos sen medo que ter. Os dous das mancinhas, il e o mono. Non había naide que lles metera man, nin as vacas rubias...desas que meten medo...
(Agora o neno medrou, e xa fai anos que tirabase dos avión o ar; nas covas horas e horas só sin mais companha ca luz do carburo; nas noitinhas so polos montes facendo fotos; e que seu eu.
Unha aperta "jrande"
PD: Mandeiche eso que me pediche e un pdf sobor o Xoaquín, coma curiosidades...
Publicar un comentario